TURISMO

Río Umia - Palmeiras - Burgas - Malecón
Desde que Caldas se converteu en Vila Balnearia, a importancia do turismo foi un factor clave no seu desenvolvemento ata a actualidade. As posibilidades turísticas da vila son enormes:
No casco urbán, destaca o Parque-Xardín, con grande variedade de especies, xunto a unha Carballeira (tamén chamada Feira) con carballos centenarios. Todo na beira do río Umia. Ademais temos a antiga rúa Real, con algunhas das súas casas nobres blasonadas, a ponte romana sobre do río Bermaña, a igrexa de Santo Tomás e o seu entorno: parque das Palmeiras (onde se atopa a Oficina de Turismo, aínda que agora estea nas instalacións do Auditorio Municipal) e un parque infantil chamado "A Plazuela".
Polas parroquias pódense realizar rotas por camiños e descubrir algúns pazos, igrexas e grande variedade de paraxes naturais cos seus costumes rurais.
Outras alternativas son os montes cercanos, como o Xiabre (647 m. de altitude e pendente media do 20%), desde o que se divisa todo o Val do Salnés e Ría de Arousa, ou o monte de Santa María, desde onde se observa moi ben a Vila e o curso do río, incluída a fervenza, restos dunha antiga central hidroeléctrica e restos de antigos muíños de auga.
Tomando como orixe a vila, pódense establecer varias rotas fóra do municipio aproveitando a súa privilexiada situación:
Rota do viño: Portas, Lantaño, Vilanoviña, Ribadumia, Barrantes e Cambados. Destacan as variedades Albariño nos brancos e Caíño nos tintos, que son viños novos e aromáticos.
Rota das praias: destacan as boas praias e excelente marisco da ría. No entorno de Vilagarcía sitúase o monte Lobeira, cunhas excelentes vistas. Tamén son de obrigada visita lugares como O Grove, Illa da Toxa, Illa de Arousa, Portonovo, Sanxenxo, Vilagarcía. Todas estas vilas dispoñen de innumerables praias, destacando sobre todas A Lanzada, cun entorno natural digno de ser visitado.
Rota do Barbanza: na ribeira norte da Ría de Arousa: dende Carracedo tómase dirección Catoira, Rianxo, Boiro, A Póvoa do Caramiñal e Ribeira. Destacan o alto da Curota, nas proximidades de A Póvoa, e a paraxe das dunas en Corrubedo.
Rota de Santiago: cidade universitaria, capital político-administrativa de Galicia e centro de peregrinacións. Destaca a Catedral e todo o conxunto histórico artístico, unido a un ambiente ideal para o ocio.
Rota dos petroglifos: seguindo o ocurso de río Umia en dirección A Estrada, podemos contemplar Segade e a sua fervenza, para posteriormente seguir en dirección a Campo Lameiro, onde atoparemos os seus gravados prehistóricos.
Rota do morrazo: península sita entre as rías de Pontevedra e Vigo. O percorrido pode incluír Marín, Bueu, Cangas e Moaña, nunha zona que abundan as praias. Na outra beira da ría aparace Vigo, e na entrada da ría as Illas Cíes.

Casa Nobre e fonte do Campo da Torre. Agosto 1999.
ALOXAMENTOS
:- Balneario Acuña (H**) - r/Ferrería, 2 - 986540010
- Balneario Dávila (H*) - r/Laureano Salgado,11 - 986540012
- Casa Loureiro (CH) - Saiar (Cardín, 26) - 986535238
- Hotel Sena (H**) - r/Xoan Fontes Echevarría - 986540596
- Hotel Cano Alto (H*) - Bemil (Paradela,72) - 986540526
- Hotel Ciprés (H**) - Godos (Ande) - 986512000
- Hotel Cruceiro (H*) - r/Xoan Fontes Echevarría - 986540165
- Hostal Buceta (HS*) - r/José Salgado,15 - 986540031
- Castro (HSR*) - Avda.Dolores Mosquera - 986540088
- Roquiño (HSR*) - Avda. Dolores Mosquera - 986540820
- La Ruta (HSR*) - Avda. Dolores Mosquera - 986540232
- Lotus (HR*) - Avda. Dolores Mosquera - 986530650
- Motel Caldas (M**) - Bemil (Veigas de Almorzar) - 986530011