AS AUGAS MINEIRO-MEDICINAIS

Unha das características peculiares da vila é a existencia das "augas termais", das que xa os romanos recoñeceron a súa importancia terapeútica.

Os romanos foron os primeiros que recoñeceron dunha maneira evidente a importancia terapéutica destas augas, para continuar ó longo da historia atraendo a nobres, clero e unha ampla masa de xente que viña a desfrutar das súas propiedades, tomando baños nos estanques e pilóns existentes.

Non será ata finais do s. XVIII, cando as autoridades comencen a preocuparse polas condicións sanitarias destes lugares, sendo D. Joaquín Dávila en 1780 o pioneiro da primeira Casa de Baños, e que co tempo e sucesivas ampliacións, converteuse no actual Hotel-Balneario Dávila. Posteriormente sería D. Pedro Acuña quen fundou a principios do s. XIX outra Casa de Baños, que actualmente é o Hotel-Balneario Acuña, na beira do río Umia, no que destaca unha grande piscina de augas termais.

Cientificamente trátanse de augas sulfuradas cloruro-sódicas hipertermais, con certa radioactividade. A súa temperatura oscila entre os 40 e 49 grados centígrados dependendo do manantial.

Son recomendadas para afeccións das vías repiratorias, reuma, pel, xinecoloxía, afeccións quirúrxicas e alteracións sico-nerviosas.

Bidé termal

Bidé termal. Balneario Dávila

É evidente que o sector da terceira idade é o que máis utiliza estes servicios termais, por iso é característico ver na tempada de verán abundantes persoas maiores moi arroupados e coa peculiar toalla na cara ou no pescozo. Os nativos chamámoslles "mantidos" ou "polacos", con toda a boa intención, para identificalos.

Existen actualmente as seguintes instalacións:

Augas de milagre

Fonte de augas termais

Caldas de Reis é afamada polas augas termais dos balnearios de Acuña e de Dávila, recoñecidos dende a época romana cando a vila era chamada "Aquis Celenis". O tratamento con estas augas indícase para doenzas do aparato respiratorio e para o reumatismo. O manantial de Acuña brota a 37 graos centígrados, mentras que é máis quente no de Dávila, onde a auga mana a 47 graos centígrados.