A VILA
Situación xeográfica: Caldas está situada ó NO da provincia de Pontevedra, na ribeira do río Umia, no punto onde se orixina o Val do Salnés, que extende as súas fértiles veigas ata o mar.
Caldas de Reis sitúase xeograficamente na latitude 42º 36' norte e lonxitude 8º 38.5'. O Código Xeográfico nos mapas é o 36050 e a súa altitude sobre o nival do mar 24 metros.
A estrada N-550, A Coruña-Vigo, atravesa a vila, uníndoa coa capital da provincia, da que dista 21 km., e con Santiago, capital da Comunidade Autónoma, da que a separan 36 Km. Precisamente, dita estrada N-550 é unha das de maior tráfico rodado, non só de Galicia, senón de toda España. Esto convirte o casco urbán de Caldas (punto negro da circulación por estrada) en insoportable, sobre todo na tempada do verán, no que as retencións chegan a varios Km. en tódalas direccións, co engandido dos que retornan das praias. Tamén cómpre subliñar, non só o abundante tráfico, senón a correspondente contaminación ambiental e acústica. Todo isto esperamos soluccionalo coa tan reivindicada CIRCUNVALACIÓN. Seguimos esperando.

Atasco na Travesía Sagasta. Agosto 1999
As distancias aproximadas por carretera ás principais localidades son as seguintes:
Na actualidade, Caldas conta con 9 parroquias: Arcos da Condesa (Entidade Local Menor dende 1945), Santa María, San Andrés, San Clemente, Carracedo, Bemil, Saiar, Godos e Santo Tomás (casco urbán). A superficie é de 68,51 Km² e a poboación ascende a 9.430 habitantes, cunha densidade de 138 habitantes por km², distribuídos en 66 entidades de poboación. (datos I.N.E. 1998)

Vista aérea dende Pedra do Pan
Río e parque xardín
¡¡ ENCORO NON !!
Clima
Actividade económica

Mercado na rúa Real.
Existe unha publicación chamada "Proyección de la provincia de Pontevedra. Municipios y comarcas" que recopila os datos socioeconómicos da recentemente constituída comarca de Caldas, formada polos municipios de Cuntis, Moraña, Portas, Valga, Pontecesures e Catoira. Destaca que dos sete municipios Caldas é os que conta con mayor tecido empresarial e de máis proxección e crecemento dos últimos anos. Un total de 609 licencias económicas contemplan dito dato, distribuídas da seguinte forma: Gandeiría (5), Contrucción (74), Minoristas (222), Fabricación (75), Mayoristas (32), Minería (8), Servicios (186) e Transportes (7). Sirva como comparativa o número de licencias totais de outros concellos: Cuntis (251), Moraña (208), Portas (122), Valga (227), Pontecesures (263) e Catoira (157).
Actualmente a maioría dos comerciantes de Caldas integran a "Asociación de Comerciantes" que promove a actividade comercial en Caldas baixo o lema "Lo tienes todo y ... paseando". Despois de moitas promesas incumpridas, desde o martes día 11 de xaneiro de 2000, a Rúa Real é peatonal. Sempre reinvindiquei (a título persoal) esta medida e alegrome de que se recupere o casco antigo da vila. Tamén quero subliñar o meu profundo respeto ós comerciantes de Caldas polas súas inquedanzas, pero as consecuencias desta medida haberá que analizalas despois dun tempo prudente. Non creo que o governo local queira perxudicar a nadie. Todos temos que colaborar para promocionar esta Rúa, adecentandoa e facendo dela un lugar de lecer, concurrido e por suposto COMERCIAL. Fagamos un esforzo polo ben da vila.
¡ PEATONALIZACIÓN SI !

Tamén destaca a integración dos comercios en modalidades financeiras como a utilización da tarxeta de pago de "Centrotiendas".
Industria: un dato a reseñar é a facturación superior ós 14.000 millóns de pesetas das catro primeiras empresas no ránking local: Clesa, Foresa, Clavo e Brenntag Química (catalogadas como grandes empresas ó superaren os mil millóns de facturación anuais). Tamén é importante mencionar que son 28 as empresas que facturan máis de 50 millóns ó ano, e que sumadas ascende a 18.000 millóns, dato que fai de Caldas a terceira vila na lista de municipios máis industriais do entorno de Pontevedra, detrás de Poio e Marín, e sen ter en conta a capital (Pontevedra). Sen embargo a situación empresarial de Caldas contradise coa ausencia de un polígono industrial claramente definido. A posición industrial obedece, entre outras razóns, á "situación xeográfica" no eixo de comunicacións entre Vigo e A Coruña, con ferrocarril e portos cercanos.
Vila privilexiada