GASTRONOMÍA
Debido á proximidade dos portos pesqueiros, Caldas dispón na súa Praza de Abastos (fundada en l929 - Juan F. Echevarría) de peixes e mariscos moi frescos. Tamén hai que salientar a calidade das carnes que ofrecen a gandeiría e a caza, sen esquecer as troitas e anguías dos ríos, xunto con todo tipo de vexetais do Val do Salnés.

Fachada da Praza de Abastos
Por tradición e historia merecen especial mención os seguintes productos:
PANADERÍAS
LAMPREA

Empanada de lamprea
Nun artigo de gastronomía titulado "De doña lamprea y don salmón", Alvaro Cunqueiro decía "La primacía de la lamprea emapanada se la discuten Padrón y Caldas de Reis, es decir, el arzobispo Gelmírez y la reina doña Urraca. Servidor va todos los años, mediando o finando marzo, a Caldas de Reis; lo primero visitar el balneario, lo segundo contemplar los salones del río Umia y lo tercero, sentarse a la mesa en Casa Buceta, donde por consejo de sus más asiduos clientes, se ha llegado a la perfección de la empanada individual. Como se sospecha que lo sea la que en románico capitel santiagués se dispone a comer un tonsurado de redondo rostro. Al levantarle la tapa a la empanada, le entra a uno por narices -que las ha dejado limpias y prestas para la cata olfativa el cálido vaho del balneario-, todo el aroma de la lamprea, que es como de cinamomo submarino".
POSTRES
VIÑOS
Destaca nesta zona a "augardente", que é unha bebida alcohólica moi forte que se obten por destilación do viño, do seu bagazo e doutras substancias despois de fermentaren. Trátase dunha bebida de elaboración caseira, pero cun proceso só realizado durante moitos anos polos augardenteiros de Monforte, que nos meses invernais, instalaban os seus "alambiques" ó abeiro dun cuberto onde pasaban os día e as noites destilando este licor, tanto sós como en compañía do propietario e dos veciños, con agradables tertulias. Como referencia podemos afirmar que entre os concellos de Caldas, Portas e Barro, obtense unha media aproximada de 136.000 litros (8.500 garrafóns) de augardente. Nesta comarca é corrente a elaboración da aguardente de herbas, que se caracteriza porque na súa fabricación mezclánse herbas aromáticas, macela, herba luísa, tila, té, especias, etc. Como dato curioso destaca que para a elaboración de 16 litros son precisas 6 horas aproximadamente de destilación
Coa augardente, un pouco de azucre, unhas rodallas de limón e uns grans de café, realízase a popular "queimada", que é toda unha arte para aqueles que amolan face-la.
OUTROS PRATOS

Roscón, molete, fanchucos, empanada de millo e xerra de viño país.