PINCHA E VERAS

HISTORIA DUNHA LOITA

HISTORIA EN FOTOS

COMIC ANTI-ENCORO (Quinín Freire)

CONCLUSIÓNS DA REUNIÓN DE COAGRET O DÍA 17/6/00

INFORME SOBRE O "MEXILÓN DE RÍO"

VOLTAR Ó MENÚ

¿ Por que estamos a maioría en contra da construcción do ENCORO ?

Vou reproducir un texto da Coordinadora Anti-Encoro de Caldas, Cuntis e Moraña que recolle as razóns primordiais de oposición ó encoro e coas cales me identifico e solidarizo plenamente. Con elo tamén pretendo que cheguen ás persoas que aínda a estas alturas descoñecen de que vai o conto:

O encoro proxectado situarase nunha zona xeograficamente privilexiada á que a Natureza regalou uns manantiais de augas termais e un entorno natural declarado no ano 1962 a través do D. 2227 do consello de Ministros como Paraxe Pintoresca, polo seu valor paisaxístico.

Fervenza de Segade

Néstor Fabián Ferreiro Caldas. 1997

Falta de xustificación da utilidade pública: as necesidades de auga na Comarca do Salnés non están avaladas polos preceptivos informes técnicos.

O aproveitamento hidroeléctrico é a verdadeira xustificación da obra, en principio negada pola Xunta de Galicia, pero recoñecida posteriormente á vista das denuncias da Coordinadora. En outubro de 1998 publicouse no DOGA a concesión de dúas centrais para este fin.

Prevese un cambio climático: incremento das néboas, humidade e disminución da temperatura por minoración das horas de sol, con graves prexuízos para a saúde, o campo e as viñas.

Inexistencia dun estudio de impacto ambiental: O que aparece no expediente refírese a un encoro dunha vila de Huelva (Puebla de Guzmán), con continuas referencias á fauna e flora mediterránea (voitre negro e aguia real, entre outras animaladas). Isto intentaron remendalo remitindo ó Concello de Caldas un fax que entre outras cousas dicía:

- donde dice "Río Guadiana" debe leerse "Río Umia"
- donde dice "Presa de Sanlucar" debe leerse "Presa de Caldas"
- donde dice ""Puebla de Guzmán" debe leerse "Caldas de Reis"

Inexistencia de estudios sobre a posible afección das Augas Termais.

Grave prexuízo socio-económico ó tratarse dunha zona de balnearios cunha potencial fonte de riqueza cara ó turismo.

Anegamento de paraxes naturais na Pontenova e da Ponte do Areal, así como desaparición da fervenza e a meirande parte dos muíños de Segade.

Perigo potencial dada a envergadura e características da presa: existen estudios seolóxicos e xeotécnicos da Universidade de Vigo alertando do perigo de derrumbe da presa pola falta de idoneidade do terreo. Non esquezamos que no casco urbán de Caldas somos casi 4.000 persoas, que quedaríamos a 1 Km. aproximadamente do encoro, cun desnivel de máis de 100 metros.

  • Capacidade: 6.280.000.000 de litros.
  • Altura: 35,5 metros.
  • Lonxitude: 6.000 metros.
  • Superficie: Máis de 1.113.000 metros cadrados.
  • Situación: A menos de 1 Km. do casco urbán de Caldas. As augas do encoro chegarían tamén a menos de 400 metros do centro de Moraña, afectando de maneira grave á parroquia de Troáns, en Cuntis.

CONSECUENCIA: Non ó ENCORO. Considero que non é necesario. O que fan falta son boas infraestructuras, estacións de bombeo, depuradoras, canalizacións, tuberías novas e.......o máis importante:

UN USO RACIONAL DA AUGA

As autoridades argumentan a favor: Proveer de auga os municipios da comarca, solucionar as crecidas do río, xenerar enerxía eléctrica para a zona e fomento do turismo a través de áreas deportivas e recreativas. Pois ben, a miña resposta é:

TURURÚ

Por último unha pequena reflexión acerca dos políticos gobernantes de Galicia: "Sobra auga e falta SENTIDO COMÚN"

¡¡ ENCORO NON !!

¡Por moitas razóns!

Enlaces con máis información sobre o encoro:

LA PRESA EN CONSTRUCCIÓN EN EL RÍO UMIA

SOLIDARIDADE COS RÍOS GALEGOS

ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DOS RÍOS GALEGOS (Cachoeira)

NATUREZA. A CASCADA DE SEGADE


Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña
Apartado de Correos 21 - 36650 CALDAS DE REIS (Pontevedra)

rioumia@navegalia.com

kabalos@teleline.es