DEPORTES
O mapa deportivo caldense queda reflexado a continuación:
PAVILLÓN DOS DEPORTES:

Primeiro equipo baloncesto federado. Mercantil-Caldas.1983.Foto Daguerre.
Couselo (Presidente), Modesto, Mío, Cardús, Toño, JuanRa, Josuha (adestrador), Fabián, Pablo, Secho e Juan.
PISCINA MUNICIPAL:
CAMPO DE FÚTBOL AS CORTICEIRAS:
AIRE LIBRE:
SOCIEDAD MERCANTIL RECREATIVA CALDENSE:
PISTA DEPORTIVA COLEXIO DA ENCARNACIÓN:
Campionato local de Baloncesto. Torneo San Roque. Este é un torneo local que perdura desde 1979 e que naceu como "partidillos entre amigos" para actualmente ter unha excelente acollida a nivel provincial. Celébrase no mes de agosto con motivo das festas patronais.
SENDEIRISMO:
Existe un sendeiro de pequeno percorrido denominado "A ROTA DA AUGA", que ten o seu punto de partida no parque-xardín da Vila, atravesa a carballeira e discorre pola marxe esquerda do río, augas arriba ata á altura do lugar de Segade de Abaixo. Posteriormente cruzamo-lo río por un paso antigo que usaban os máis vellos do lugar, para prosegui-lo noso andar xa pola marxe dereita, nun tramo de 2 Km.
Chegamos entón á fervenza (foto de abaixo) onde algúns aficionados practican o arriscado deporte da escalada. A continuación estamos no punto máis alto e enlazamos cun tramo asfaltado da estrada de Moraña (300-400 m) que nos leva a baixar á esquerda cara á ponte romana, de impresionante beleza. Cruzámo-la ponte e baixamos cara á fervenza, onde poderemos descansar e tomar incluso un baño. Logo, camiñando
río abaixo pola marxe dereita, atopamos a zona de muíños de auga, todos eles en ruínas. Tomamos entón o camiño de regreso por unha pista asfaltada (Segade de Arriba) e, pasando polas instalación do Instituto e do Pavillón deportivo, chegamos de novo á carballeira e ó Parque-Xardín, que foi o punto de partida.
UN POUCO DE HISTORIA:
Atletismo: Período 1944-45. Caldenses en campionatos en Tui, organizados polo Frente de Xuventudes (O.J.E.)
Baloncesto: En Agosto de 1979 celebrouse o primeiro Torneo San Roque con motivo das Festas patronais. Case tódalas edicións foron masculinas, pero na década dos 80 tamén celebrouse algún campionato feminino.

Equipo Lucifer feminino. Torneo San Roque.
En Outubro de 1983, federouse o equipo Mercantil-Caldas financiado pola SMRC e posteriormente constituíuse como Club propio baixo o nome de Unión Deportiva Caldense. Cabe destacar en 1989 que o equipo xogou a final do III Torneo Rías Altas en Santa Marta de Ortigueira (A Coruña) contra o Espasante-Pedramea. Finalmente quedou en 2º lugar.
Balonmán: O primeiro equipo data de 1969 e a súa gran traxectoria fixo que Caldas tivese sempre un gran apego por este deporte. Xogabanse os partidos nunha pista do recinto feiral despois da misa de 12 dos domingos, con gran afluencia de público. Na última etapa, xogou Caldas na 2ª División Nacional, xa con Pavillón Deportivo como escenario dos partidos. Por diversas causas o Club desapareceu e con el unha parte da historia deportiva da vila. Houbo un intento por resucitar o Balonmán en Caldas por marte do Mercantil, pero ó final non se consolidou.

Primeiro equipo balonmano federado de Caldas.
Boxeo: Simplemente destacar a Joaquín Piñeiro López "Ferragús" nos anos 50, e ós irmáns Serra, pioneiros deste deporte en Caldas.
Ciclismo:Destacarr os irmáns Vila (Manolo e Pepe), así como a outros caldenses que participaban en probas locais: José A. García Rey, José Goldar Buceta, Angel Rodríguez, Manolo Piñeiro e outros.
Fútbol: Ó mencionar este deporte, faríase moi longo plasmar a historia deste deporte en Caldas. Eu so quero destacar alguns xogadores que pola súa traxectoria chegaron a xogar en categorías e equipos importantes: Rafa Búa, Juanjo Juncal, Churruca (Pai e fillo). Hoxe en día, Caldas non ten equipo senior ningún (ata tempada 1998/99), pero destaca a labor do FÚTBOL-BASE, que dende 1985 funciona como escola, con varios equipos de diversas categorías en ligas provinciais. Luis Abeledo é o coordinador.
Xadrez: esta modalidade deportiva so merece recoñecemento a D. Guillermo Morado Vidal, persoa que loitou polo xadrez, impartindo clases nos colexios e locais sociais da Vila. Chegou a competir un equipo federado con excelentes resultados. Despoios do seu falecemento, celebrouse en Caldas durante dous anos un Memorial incluído dentro do circuito galego de xadrez. Actualmente só se practica seriamente este deporte en San Clemente, por iniciativa e dedicación do amigo Sr. Veiguela.