CONCELLO DE CALDAS DE REIS
E-MAIL: caldasdereis@concellos.depontevedra.es
Páxina Web Oficial do Concello: http://www.caldasdereis.com
UN POUCO DE HISTORIA
Cando Caldas pasou a ser cabeceira de partido xudicial, construíuse o actual
EDIFICIO do Concello á beira do Río Umia, alá polo ano 1820. O selo municipal data do ano 1854 e o
ESCUDO do municipio é igual a un que se atopa na capela de San Roque.
Este escudo de armas, representado por catro cuarteis, ten na súa parte superior esquerda o nacemento do infante emperador D. Alfonso VII, fillo do matrimonio da raíña Dona Urraca con D. Raimundo, príncipe da Casa de Lorena. D. Alfonso naceu nesta vila no ano 1104 onde se educou nos seus primeiros anos.
A parte superior dereita representa un castelo, onde naceu e se educou dito emprerador, demoído polos seus último posuidores; trátase da poderosa familia dos "churruchaos" que, por ter parte na morte do arcebispo de Santiago, sufriu a confiscación dos seus bens a prol da mitra arcebispal. Ésta o día 26 de outubro de 1674, sendo arcebispo de Santiago D. Andrés de Girón, deu o pazo e torre a D. Alonso Troncoso de Soutomaior e Gondar, co visto e prace da Santa Igrexa e catedral de Santiago de Compostela.
A parte inferior dereita representa as dúas pontes existente na vila, a da Ferrería e a ponte romana sobre o río Bermaña. A parte inferior esquerda representa as augas termais ca denominación latina "aquis celenis". As cadeas que rodean o escudo, onde pendura o toisón, foron doadas polo rei Alfonso VII á vila por levar ésta nome de Rei.
Os alcaldes da vila dende 1930 ó 2000 foron os seguientes:
D. César Torres Martínez.
D. Joaquín Hervés Baltar.
D. Manuel Candán Rei.
D. Pablo Piñeiro Vázquez.
D. Antonio Salgado García.
D. Manuel Torres Villar.
D. Víctor Manuel Cascallar Ares.
D. Tomás Cancela Martíenz.
D. Jacobo Rei Porto.
D. Hipólito de Saa Bravo.
D. Pablo Elorriaga Senlle.
D. Clemente Viqueira Iglesias.
D. José Alvarellos Maquieira.
D. Julio Legerén Campos.
D. Francisco Álvarez Gómez.
D. Ramón Caldas García.
D. Adolfo Abalo Ríos.
D. José María Tobío Barreira.
D. Juan Manuel Rey Rey.
1.- ACTIVIDADES ESTRATÉXICAS:
1.1. ÓRGANOS DE GOBERNO:
- A corporación municipal compoñenna o alcalde D. JUAN MANUEL REY REY (PSOE) e 12 concelleiros: 6 do PSOE, 5 do PP e 1 do BNG e 1 de ICDR.
- 1 Pleno por mes (11/ano)
- 2 Comisións de Goberno cada 15 días (24/ano)
- 6 Comisións informativas ó mes (66/ano)
1.2. XERENCIA DE DESENROLO: nace como continuación do Proxecto Thermaios e ten como obxectivos ós de desenrolo da Tafona:
- contrucción e explotación de un equipamento Termal de 2.000 m²
- establecemento dun equipamento hoteleiro de 4 estrelas.
- establecemento de residencias e equipos termais para a terceira idade.
- obras de urbanización e circulación. Zoas de aparcamento.
- Obras e xestión de 100 vivendas socias.
2.- ACTIVIDADES OPERACIONAIS:
2.1 SEGURIDADE PÚBLICA e PROTECCIÓN CIVIL:
- 1 Sarxento e 10 gardas municipais.
- 1 funcionario por cada 1.000 habitantes.
- 1 corpo de Protección Civil
2.2 SERVICIOS SOCIAIS: su función es de "canalizar" as demandas dos cidadáns.
- Atención á terceira idade, discapacitados e familias marginais.
- 1 Asistente Social
- 1 Educador Familiar
- 1 auxiliar-ayudante
2.3 PROMOCIÓN ECONÓMICA-EMPREGO:
- Servicio de colocación
- Ofertas de traballo
- Orientación laboral para o emprego
- Formación de desempregados (cursos FIP)
- Formación de activos
- Proxectos de programas de ocupación (Escola Taller e Proxecto de Emprego)
- 1 axente de desenrolo
- 1 orientador laboral
2.4 URBANISMO E OBRAS PÚBLICAS:
- Obras novas
- Instalación de establecementos
- Proxectos de urbanismo
- Obras e reformas
- Recursos: 1 aparellador, 1 administrativo e 1 asesor xurídico externo.
2.4.1 SERVICIOS TÉCNICOS: 1 Aparellador e 1 avogado.
2.4.2 XARDINERÍA: 2 traballadores (35.000 m² en xardins)
2.4.3 ALUMEADO: 1 electricista, 1 axudante e 1 camión (4.000 puntos de luz)
2.4.4 OBRAS: 1 encargado e 9 albañiles e peóns
- 60% obras no rural
- 20% colexios
- 15% servicios de auga
- 5% xardinería
2.4.5 EDUCACIÓN: 2 conserxes.
- manetemento de 6 edificios de educación infantil (luz, auga e limpeza)
- 1 de primaria
- 1 de primaria-secundaria
2.5 SERVICIO DE AUGAS POTABLES E RESIDUALES:
- 1600 Aboados de auga potable.
- 3500 Aboados de residuales (capacidade 5000)
- 2 empregados (1 en augas e outro en residules)
- 7/8 km. De tubería de auga
- 10/11 km. De tubería de residuales
- Prevista unha estación depuradora.
2.6 LIMPEZA:
- 3.200 vivendas
- Recollida no casco urbán: 6 días (15 km.)
- Recollida no rural: 5 días (50 km.). Cada punto un día á semán.
- Persoal: 2 conductores, 4 empregados e 2 contratos medio ano.
- Previsto: sustitución camión da recollida e adquirir máquina de limpeza.
2.7 CULTURA E DEPORTES:
2.7.1 CULTURA:
- Escola de Música: 110 alumnos, 1 director e 5 profesores
- Biblioteca: 20.000 volumes, 3.400 préstamos, 1 bibliotecaria
- Xestión cultural: 1 técnico, 1 becario turismo (exposicións, cabalgata Reis, Carnaval, Festa do Roscón, ciclomarchas, Letras Galegas, Festas Patronais e no rural, Festa dos Maios, Festival Cultura Quente, etc.)
2.7.2 DEPORTES:
- Piscina
- Campo de Fútbol
- Pavillón
- Escolas Deportivas
- Polideportivo
3.- ACTIVIDADES SOPORTE:
3.1 ADMINSITRACIÓN-SECRETARÍA: 8 funcionarios
- 1 Secretaria
- 2 en presupostos e tributos
- 1 no rexistro xeral
- 4 en funcións administrativas (secretaria, nóminas e varios)
3.2 TRIBUTOS E FINANZAS