MANCOMUNIDADE ULLA-UMIA
: formada polos concellos de Caldas, Valga, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures e Valga. A localización destes concellos é o N.O. da provincia de Pontevedra e abarcan unha superficie de 265,3 Km², cunha poboación conxunta de 32.905 habitantes. A densidade de poboación é de 124 habitantes por km² distribuídos en 315 núcleos de poboación.
Trátase dunha asociación voluntaria de municipios para a execución en común de obras e servicios de competencia municipal, así coma da promoción turística.
ATENEO CALDENSE
(Teléfono 986530731): Asociación cultural creada en 1985 para contribuír á promoción cultural, social e recreativa en tódolas ordes, destacando a organización de actividades musicais, danza, teatro, cine, artes plásticas, ecoloxía, letras, etc. Conta na actualidade con aproximadamente 180 socios. Entre as actividades organizadas están as seguintes:
- Semana de cine
- Festa da bici e dos maios
- Día da muiñeira
- Certames e concursos fotográficos
- Charlas e coloquios
Actualmente suspendeu as súas actividades, pasando éstas a mans da Concellalía de Cultura (Oficina Xuvenil) do Concello de Caldas.
FERVENZA
(Teléfono 986540530): Colectivo Ecoloxista Caldense de aproximadamente 50 socios que funciona baixo o lema: "O día que vendades a natureza decatarédesvos que os cartos -non se comen-"
CLUB DE CATA "ENVERO"
(Teléfono 986540002): Asociación formada por 15 socios e contituida a principios do ano 2002, coa finalidade de coñecer, divulgar e intercambiar experiencias nos aspectos vinculados coa cultura do viño e os seus derivados
SOCIEDADE MERCANTIL RECREATIVA CALDENSE
(Teléfono 986540706): Entidad recreativa, cultural e deportiva, sendo o seu obxectivo proporcionar ós seus asociados e familia, distracción, esparcemento, vida social, práctica deportiva e outras actividades relacionadas coa cultura e coa arte. Foi fundada o 24 de abril de 1977, sendo o primeiro presidente e socio fundador D. Manuel Piñeiro Goldar (Roquiño). Ata 1974 funcionaba outra asociación do mesmo tipo chamada "Sociedade Liceo Caldense"
ASOCIACIÓN DE HOSTELERÍA
(Teléfono 986540596): Constituída o 11 de febreiro de 1992 co obxectivo de potenciar e promocionar á vila de Caldas de Reis e comarca, de maneira que constitúa unha alternativa e opción turística a tódolos visitantes da xeografía galega.
ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES
(Teléfono 986): De recente constitución, agrupa a maior parte dos comercios de Caldas. Funciona baixo o lema " Compra en Caldas, lo tienes todo y ... paseando"
ASOCIACIÓN PARROQUIAL E XUVENIL "XIABRE"
: a súa finalidade é a dinamización da xuventude e a difusión da cultura galega en particular e da universal en xeral dende unha orientación cristiana, a través de actividades deportivas, lúdicas e de tempo libre: cursos, conferencias, exposicións, viaxes, acampadas, concertos, etc.
ASOCIACIÓN DE EX-ALUMNOS DO COLEXIO SAN FERMÍN
: Foi fundada no ano 1960. Hoxe conta cuns 200 antigos alumnos do Colexio e das antigas Escolas Cristianas. Celebran unha xuntanza anualmente e organizan dende 1973 o máis antigo Campionato de Fútbol de Veteranos que se celebra no Campo de Abaixo do Colexio.
AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL
: Constituída o 23 de febreiro de 1996
BIBLIOTECA MUNICIPAL
: Fundada o 8 de decembro de 1953, leva o nome de D. Manuel Martínez Ferro. Dispón de 15.000 volumes e uns 1.200 carnés de préstamo. Cabe subliñar que está rexentada polo concello e que foi bibliotecaria ata o 30/4/1996 Dona Joaquina González Fernández (popularmente coñecida como "Quiquina")
ASOCIACIÓN DE CAZA CALDENSE
: Constituída en 1978. Conta actualmente cuns 300 afiliados.
PEÑA MADRIDISTA CALDENSE
: Fundada en 1966 e cun total de 60 socios aproximadamente. Celebra o seu día de actos o día 1 de maio. O Presidente é D. Manuel Gándara Fernández
PEÑA CALDENSE DE BUENOS AIRES (ARGENTINA): Fundada o 11/10/59
AGRUPACIÓN POLIFÓNICA DE CALDAS
: ver información en apartado de "FOTOGRAFIAS"
PEÑA CELTISTA
: Constituída en 1989, con 46 socios e presidida nun principio polo xa falecido Dr. D. Xesús Froxán Alonso
PEÑA BARCELONISTA CALDENSE: Constituída en 1998
GRUPOS DE DANZAS
: Fundado en 1966 por D. Clemente Viqueira Iglesias. Celebrou multitude de actuacións exitosas en España, Portugal, Arxentina, etc. Actualmente na vila temos os seguientes grupos folkloricos: EDOVIO, os ENXEBRES de Carracedo, Grupo de Danzas de Godos.
ASOCIACIÓN XUVENIL "ARROUTADA"
: Apdo. de Correos nº 48. Teléfono 654320469. e-mail: arroutada@mixmail.com. Está asociación está composta por un grupo de xóvenes cun obxectivo común, que é proxectar actividades e cousas para a xente da vila. Constituída o 12 de decembro do 1999. Ata agora colaborou na organización do Enterro da Sardiña/99, en Cultura Quente, no Día Internacional do Sida e no Congreso de xóvenes do Val Ulla-Umia. Tamén ten planeado orgnizar: Día da Arbore, Día da Paz, Letras Galegas, Fotografía, Modelado, Coiro, Semana de Cine, Xornadas Micolóxicas, Noites Astrolóxicas, Magostos, Sendeirismo Nocturno, Noite de Bruxas, e moitas máis.
ESCOLA TALLER "AS BURGAS"
: Centro operativo dende xullo de 1996 e que remata en 1998 (dous anos). Financiada polo Inem e polo Fondo Social Europeo. Dispón dos seguintes módulos: albanelería, canteiría, carpintería e xardinería. A súa tipoloxía asimílase a un centro de formación e funciona como unha ferramenta utilizada polo concello para crear unha man de obra cualificada que poida ter acceso nun futuro ó mercado laboral.
COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS, MORAÑA E CUNTIS
: Por moitas razóns:
¡¡ ENCORO NON !!